
08 de Febreiro de 2018
Tras dous meses de traballo en grupo, reúnense expertos en dixitalización e Big Data dos sectores tecnolóxico, agroalimentario, forestal e rural.
08.02.2018
Representantes de cada grupo de traballo presentan as súas análises das barreiras , oportunidades , problemas e como resolvelos segundo cada un dos oito desafíos plantexados. Con frecuencia refírense a temas como a gobernanza dos datos , a fenda dixital e as tecnoloxías e os posibles incentivos, entre outros.
Os oito retos nos que se está a traballar son:
1. Combater o despoboamento rural , incorporar a xente nova e reducir a fenda dixital.
2. Conclusións sobre sustentabilidade , mellora produtiva e loxística.
3. Vixilancia, detección de enfermidades vexetais e animais , desenvolvemento de sistemas de alerta en rede, tratamento de pragas e enfermidades
4. Xestión forestal sostible.
5. Distribución equitativa do valor engadido ao longo de toda a cadea e promoción do desenvolvemento rural.
6. Globalización e competitividade no mercado.
7. Demandas dos consumidores en canto a información e participación na oferta do mercado.
8. Xestión da Política Agrícola Común (PAC) .
Para pechar a reunión, presentouse unha serie de estudos de caso que demostran o papel que desempeñan as diferentes partes interesadas nos procesos de dixitalización dos sectores agroalimentario, forestal e rural. Debateuse o papel da investigación e a formación, a consultoría agrícola, as empresas agroalimentarias, a administración pública e as empresas tecnolóxicas.
Os expertos continuarán traballando en grupo ata a próxima e última reunión, onde presentarán as súas conclusións e os documentos finais para a difusión de prácticas e solucións para a dixitalización e xestión de Big Data nos sectores agroalimentario, forestal e rural.