Curso: Industria Agroalimentaria Conectada 4.0
Curso en liña/presencial
Data e horas
Do 1 ao 4 de decembro de 2025
Horario:
- Luns de 15:00 a 19:00 (en liña)
- Martes de 9:00 a 13:00 (en liña)
- Mércores de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 (Presencialmente)
- Xoves de 9:00 a 15:00 (Presencialmente)
O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de novembro de 2025.
Formación gratuíta.
Este curso ofrece unha abordaxe práctica e aplicada ás tecnoloxías que melloran a eficiencia, a trazabilidade e a sustentabilidade na industria agroalimentaria. A través de sesións presenciais e en liña, os participantes aprenderán sobre as ferramentas dixitais máis avanzadas (automatización, tecnoloxía de sensores, IoT, big data e intelixencia artificial) e como aplicalas no seu entorno de produción para optimizar procesos críticos, garantir a seguridade alimentaria e mellorar a competitividade das súas empresas.
Máis información na nosa páxina web.

A quen está dirixido?
- Xerentes de industrias agroalimentarias dedicadas ao procesamento e conservación de alimentos.
- Profesionais técnicos e mandos intermedios interesados en liderar procesos de dixitalización nas súas plantas.
- Xestores de calidade, produción e mantemento que buscan mellorar a eficiencia, a trazabilidade e a sustentabilidade mediante a adopción de tecnoloxías da Industria 4.0.





