RuralEs, 1º Congreso de Economía Social e Territorios Vivos

REXÍSTRATE E PARTICIPA! RuralES, 1º Congreso Estatal de Economía Social e Territorios Vivos. Córdoba, 22 de decembro de 2025

Dende ARA convidámosvos a participar en RuralES, o 1º Congreso de Economía Social e Territorios Vivos , que se celebrará o 22 de decembro de 2025 no Reitorado da Universidade de Córdoba (Avda. Medina Azahara, 5 14071 Córdoba).

Os obxectivos deste Congreso son:

🔹Promove-lo espazo de encontro estatal para dar a coñecer e conectar o importante capital social e económico que posúen as zonas rurais con marcos públicos de apoio como a Axenda Rural Europea, a Estratexia Española de Economía Social 2023-2027 e a Estratexia Nacional para Afrontar o Reto Demográfico.

🔹Destacar a importancia da economía social nas zonas rurais pola súa contribución ao emprego estable, á equidade territorial, á sustentabilidade e porque promove un modelo de negocio centrado nas persoas.

Contido do Congreso:

  • CENTRO RURAL. A iniciativa inclúe charlas en directo a cargo de organizacións representativas de cada unha das comunidades autónomas sobre proxectos transformadores en territorios en risco de despoboación. Estes proxectos están relacionados coa economía local, a resiliencia comunitaria e a sustentabilidade ambiental, social e económica.
  • Laboratorio de Innovación Rural: “Ecosistemas vivos en contextos baleiros”, sobre estratexias para activar vínculos, coñecemento, recursos e oportunidades en zonas de baixa densidade de poboación.

En resumo, RuralES compartirá experiencias, modelos exitosos e propostas para avanzar en alianzas, promover políticas públicas que apoien os territorios rurais e fortalecer o seu papel como panca para a innovación social e económica.

O Congreso RuralES está organizado pola Asociación para o Desenvolvemento Rural de Andalucía (ARA) en colaboración con Proyectizable e Hexagonal. Está financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Na nosa páxina web da ARA podes atopar máis información sobre o Congreso e rexistrarte AQUÍ . Prazas limitadas!

Para calquera dúbida sobre o Congreso, podes escribirnos a: ara@andaluciarural.org  

Agardámosvos en RuralES!

ARA, ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DE ANDALUCÍA